Tuesday 23 de April de 2024

A Fundación Celta celebrará en agosto un campus de verán na Fieiteira


 

Por terceiro ano consecutivo a Fundación Celta vai celebrar no noso municipio un campus de verán en alianza co Atlético Riveira e co Concello.

Para falar desta iniciativa compareceron no Consistorio a concelleira de Deportes Juana Brión; Álex Abalde como coordinador dos campus da Fundación Celta; e Andrés Martínez, directivo do Atlético Riveira.

A iniciativa terá lugar do 5 ao 9 de agosto na Fieiteira e está dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos. O horario será de 10 a 14 horas agás o venres 9 no que se prolongará á tarde para celebrar un pequeno acto de clausura.

Inscricións
O prezo é de 132 euros excepto para os empadroados no noso concello, que verán rebaixado ata os 119 euros. As inscricións pódense formalizar ata este venres na páxina web do Celta de Vigo (enlace: http://www.rccelta.es/index.php/es/campus-de-verano-de-la-fundacion-celta-2018).

Álex Abalde destacou a idoneidade desta acción para educar en valores aos pequenos dende unha perspectiva lúdico-deportiva e anunciou que haberá sorpresas no transcurso do campus. Andrés Martínez destacou que pola experiencia de pasadas edicións non só subscita o interese de veciños do entorno senón tamén de moitos visitantes que veranean aquí.

Pola súa parte, Juana Brión salientou que é un pracer colaborar dende o Concello neste tipo de iniciativas para promover hábitos saudables entre a veciñanza dende idades temperás.